domingo, 8 de maio de 2011
LETRAS GALEGAS 2011.
A MAN DEREITA Á DEREITA DO CORPO
A MAN ESQUERDA Á ESQUERDA.
EN PLENAS FACULTADES,
TEÑO A CABEZA NO CENTRO DO MUNDO
E VOULLE CAMBIANDO OS ARGUMENTOS
ÓS MEUS SOÑOS ESCASOS E PRUDENTES.
Recursos na páxina da Coordinadora Galega.
domingo, 27 de fevereiro de 2011
domingo, 6 de fevereiro de 2011
DÍA DA CANDELORIA, DÍA DO AMOR EN GALICIA.
segunda-feira, 6 de dezembro de 2010
PREMIOS BARBANTIA 2010. PARABÉNS!

O gaiteiro Pepe Romero, o teólogo Andrés Torres Queiruga e os Equipos de Normalización Lingüística foron elixidos polos socios de Barbantia para recibir os Sirenos de Bronce 2010 que entrega a Asociación Cultural Barbantia.
Pepe Romero conseguiu a distinción correspondente á traxectoria cultural no Barbanza, na que foron finalistas Manuel Mariño, Paola García e Xoán Mariño.
Torres Queiruga leva o sireno da cultura galega, superando a Eva Veiga, Soledad Penalta e Xosé Ramón Barreiro.
A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística faise co galardón á iniciativa cultural, por diante do Liceo de Noia, a Casa da Gramática e o Ateneo Valle-Inclán.
A voz.
domingo, 28 de novembro de 2010
PEPE ROMERO, TORRES QUEIRUGA E COORDIANDORA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN DO BARBANZA RECIBEN O PREMIO BARBANTIA 2010
O gaiteiro Pepe Romero, o teólogo Andrés Torres Queiruga e os Equipos de Normalización Lingüística foron elixidos polos socios de Barbantia para recibir os Sirenos de Bronce 2010 que entrega a Asociación Cultural Barbantia.
Pepe Romero conseguiu a distinción correspondente á traxectoria cultural no Barbanza, na que foron finalistas Manuel Mariño, Paola García e Xoán Mariño.
Torres Queiruga leva o sireno da cultura galega, superando a Eva Veiga, Soledad Penalta e Xosé Ramón Barreiro.
A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística faise co galardón á iniciativa cultural, por diante do Liceo de Noia, a Casa da Gramática e o Ateneo Valle-Inclán.
Fonte: A Voz.
segunda-feira, 22 de novembro de 2010
A COORDINADORA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN RECIBE O PREMIO ALTOFALANTE EN RIBEIRA.

Nun acto no que non faltaron as gaitas de Algharabía nin as pandeiretas de Lumieira, a entidade Altofalante de Ribeira entregou o sábado, no conservatorio ribeirense, o premio instituído no 2006, co que se recoñece o traballo de quen difunden a lingua galega e a súa cultura. Nesta ocasión o distintivo recibiuno a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística, á quen o presidente de Altofalante, Xosé Antonio Vázquez Cobas, animou a manter o labor desempeñado ata agora.
Vázquez Cobas, quen asegurou que o galego impregna a sociedade dun xeito transversal, con independencia de clases sociais e ideoloxías políticas, subliñou que o distintivo á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística era un xeito de darlle ánimos «xa que na súa andaina recibiu todo tipo de descalificacións».
Precisamente, este colectivo, do que agora forman parte 600 mestres de toda a comunidade, tivo a súa orixe no municipio de Ribeira. Entre os mestres que contribuíron ao seu nacemento atópanse Miguel Louzao, secretario da coordinadora que, naquel momento, impartía clases en Ribeira. Do presidente de Altofalante recibiu o premio. Sen embargo, o diploma quixo entregarllo outro docente, Luís Teira, que tamén tivo unha implicación decidida neses primeiros anos de vida do colectivo.
Voluntarios
Na súa intervención, Miguel Louzao dixo que o Altofalante era o primeiro galardón que recibía a coordinadora e non ocultou que lle causou sorpresa.
Ao mesmo tempo, comentou que as persoas que pertencen a neste colectivo traballan de forma voluntaria, no seu tempo libre, porque aman o galego. Tamén indicou que a coordinadora xurdiu por un grupo de xente que consideraba que era preciso dinamizar o ensino no galego. Nese sentido, precisou que nos seus inicios o colectivo estaba integrado por trinta persoas e que pouco a pouco foise sumando xente de toda Galicia.
Na entrega do premio estiveron presentes, entre outros, a voceira do BNG, Dominga Brión, e a concelleira e deputada provincial Rosana Pérez
A nova na Voz de Galicia.
quarta-feira, 17 de novembro de 2010
sexta-feira, 12 de novembro de 2010
AUTOCOLANES PARA AGASALLAR NESTE NADAL: NON CALES A BOCA E O APALPADOR.
PARABÉNS Á COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

Coordinadora Galega de Equipos de Normalización.
Premio Altofalante 2010 á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.
Ribeira, polo San Martiño de 2010. O presidente da asociación cultural ribeirense Altofalante, Xosé Antonio Vázquez Cobas, informa da decisión tomada este ano para conceder o premio Altofalante 2010. Como é costume en Certo, reproducimos íntegra a acta do xurado:
A Xunta Directiva da Asociación Cultural Altofalante, celebrada o sábado 2 de outubro de 2010, entre outros asuntos, por unanimidade acordou:
Conceder o premio Altofalante do Ano 2010, á Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística (CGEDNL)
Esta entidade agrupa a profesorado e Equipos de Normalización Lingüística que desenvolven a súa actividade no seo dos centros de ensino do país, de cara a que o alumnado saia da escolarización obrigatoria sendo competente na nosa lingua.
A Xunta directiva destacou como méritos á hora de conceder o premio, os seguintes:
•Ser quen de xuntar a unha parte moi importante das comunidades educativas de Galicia de cara a coordinarse e actuar conxuntamente no ámbito da normalización lingüística nos centros.
•Participar activamente -dando argumentos pedagóxicos e lingüísticos- da necesidade de que o noso idioma teña maior presenza no sistema educativo.
•A capacidade para integrar no seo da organización a profesionais do ensino público, privado e privado-concertado e de todos os niveis educativos.
•Organizar campañas de sensibilización e dinamización da nosa lingua como poden ser “Orgullosos no noso. Orgullosos do Galego” que foron un grande éxito de proxección pública.
sexta-feira, 25 de junho de 2010
Premios Anticiclón e Borrasca 2010
Estes premios simbólicos, que naceron hai dous cursos como unha maneira de promover o uso do galego, recompensan co Anticiclón o labor de empresas e institucións que fan un uso normalizado da lingua e, no caso do premio Borrasca, deixan en evidencia aos que o ignoran. Nesta terceira edición, a Coordinadora comarcal de equipos de normalización recoñeceu o bo labor do Centro Empresarial da Construción do Barbanza (CECB) e reprobou as prácticas lingüísticas dos centros de saúde do Barbanza.
Considerouse o CECB merecedor do premio Anticiclón polo uso normal do idioma que se aprecia na súa web, nas instalacións, nas comunicacións públicas e nas actividades que realiza.
O premio Borrasca foi parar aos centros de saúde do Barbanza, xa que os profesionais da sanidade pública, na maioría dos casos, non se expresan en galego, como acontece con case toda a cartelería, que está en exclusiva en castelán. Na comarca do Barbanza, a maioría das persoas fan un uso normalizado do galego, polo que é evidente que os seus dereitos lingüísticos non se están a respectar.
Na Voz
domingo, 13 de junho de 2010
No meu mar, na miña lingua
Boa parte do material elaborado polo ENDL do IES Félix Muriel dentro do premiado proxecto No meu mar, na miña lingua, presentado o 31 de maio, xa está accesíbel desde a rede.
En concreto, trátase dun atractivo vocabulario, con definicións, imaxes e correspondencias noutros idiomas, de elementos relacionados coas embarcacións tradicionais e os deportes náuticos, froito dun traballo de investigación terminolóxica desenvolto nestes tres últimos anos.
Os nosos parabéns.
En pdf, aquí.
sábado, 12 de junho de 2010
As ANPAS de Ribeira denuncian drásticos recortes
Con esta redución, que no conxunto da comarca chega ao 35 por cento, moitos proxectos que estaban en marcha e funcionaban correctamente sufriron unha paralización e houbo que priorizar unhas actividades sobre outras ante a imposibilidade económica de levalas a cabo.
Menos recursos
Os recortes nas axudas aos equipos de normalización lingüística súmanse á diminución de recursos noutras áreas educativas que inciden directamente na calidade da formación dos nenos.
En materia lingüística reducíronse os programas de intercambio para estudar idiomas no estranxeiro. Pero isto non é o máis grave, xa que dende as asociacións de pais sospeitan que os recortes afectarán mesmo á contratación de profesores, chegando a ter que suprimir algunhas materias.
Revisión
As ANPAS dos colexios de Carreira, Frións, Olveira, O Grupo, Aguiño e os Institutos Número 1 e Leliadoura non quedarán de brazos cruzados ante a merma que se está a producir na calidade do ensino público. De momento, xa remitiron un escrito á Consellaría de Educación solicitando a revisión das axudas e dotación do persoal dos centros.
Así mesmo, levarán este problemas ás confederacións de ANPAS a nivel provincial e autonómico para tratar uns recortes que supoñen unha media dun vinte por cento en toda Galicia.
Fonte: Canal Rías Baixas.
Máis, na Voz.
terça-feira, 8 de junho de 2010
Veciños de a pé poñen cara ao galego
Barbanceses máis ou menos coñecidos nas súas vilas son os protagonistas dunha campaña de concienciación promovida polos equipos de normalización da bisbarra.
Seguramente, foron moitos os barbanceses que nos últimos días se sorprenderon ao ver a fotografía de algún veciño nuns carteis repartidos por distintos establecementos comerciais da bisbarra. O xuíz de paz de Rianxo, unha mestra de perruquería ribeirense, o responsable dun dos bares máis concorridos de Santa Uxía ou a estanqueira de Asados protagonizan unha campaña posta en marcha pola Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística de Barbanza dos centros de ensino da comarca e póñenlle cara ao uso do galego. A idea e demostrar que o idioma propio de Galicia é perfectamente válido para o seu uso en todos os eidos, e, para iso, os promotores da iniciativa buscaron a persoas representativas de cada municipio.
Segundo explicou o presidente da coordinadora, Miguel Louzao, a campaña estase a desenvolver en tres municipios de Arousa norte -Ribeira, A Pobra e Rianxo- e os carteis distribuídos en cada un deles corresponden cos que protagonizan os veciños de cada lugar. En canto á selección dos participantes, foron os equipos de normalización os encargados de buscar a «persoas representativas, profesionais coñecidos nas distintas localidades que fagan un uso normalizado do galego».
Con estes criterios, reuniuse unha selección de persoas que traballan nos eidos máis diversos e que teñen en común o uso do idioma autóctono. Así, na campaña participan dende autónomos a xente que traballa no mar, unha educadora social, un libreiro ou funcionarios. «Queremos romper con esa falacia de que o galego é só cousa duns poucos e demostrar que o usa moita xente en distintos eidos», explicou Louzao.
«Eu, tamén»
A campaña leva por lema Eu, tamén en galego , e xurdiu para dar resposta ao novo decreto do galego rexeitándoo e tratando de concienciar aos barbanceses de que se trata dun idioma válido para o seu uso en todos os ámbitos, no educativo e nos distintos eidos profesionais.
E os encargados de facer chegar esta mensaxe tamén son os autores das expresións que aparecen nos carteis. Frases coma «Eu sempre caso en galego», «Falar galego é natural», «Eu tamén poño copas en galego». «Eu falo, penso e sinto en galego» ou «O galego séntalle ben a todo o mundo» saen da boca dos protagonistas das fotografías.
En canto ao éxito da iniciativa, é difícil de cuantificar pero, se tal e como se comentou o día que se deu a coñecer a campaña o obxectivo era impactar e chamar a atención dos cidadáns, dende logo que se conseguiu porque, dende que saíron á rúa, é fácil ver a ribeirenses ou rianxeiros observando as fotografías dos seus veciños e comentando a imaxe. De feito, houbo incluso quen pasaba de largo e deu volta para ver ben o cartel ao percibir unha cara coñecida no papel.
Iso de pasar de ser unha persoa anónima a poñer cara a unha campaña mediática comentábao unha das protagonistas, que o día da presentación de Eu, tamén en galego , recoñecía que sentiu un pouco de vergoña ao verse nos carteis. Pero, máis alá das anécdotas e comentarios que se deriven da campaña, promotores e protagonistas coinciden en que o que importa é a defensa do idioma.
Os protagonistas
Nesta ocasión foron persoas da rúa as que deron a cara polo galego, e os protagonistas da campaña teñen nome e apelidos. Chefa Pérez, Ramón Rodríguez, Tino Miranda, Marta Aido, Antonio Lijó, Cipriano Pose, Ramiro Ouviña, Manola Fungueiriño, Valentina Agrelo e Sonia Yáñez prestaron a súa imaxe a aportaron as súas opinións para reivindicar o uso do idioma autóctono en todos os ámbitos.









