Realizamos un brincaletras con palabras que conteñen BR.
sábado, 8 de fevereiro de 2014
PREZI "DÍA DA PAZ"
Elaboramos esta prezi para a celebración do Día da Paz deste 2014. Fala algo de Alfred Nobel, premios Nobel, Nobel da Paz e... Nelson Mandela.
segunda-feira, 10 de junho de 2013
terça-feira, 28 de maio de 2013
Roberto Vidal Bolaño
Este é o mes da Letras por excelencia para nós.
En tódolos centros andamos dende o día 1 dándolle a reo a isto das letras e ás obras e a trascendencia de Vidal Bolaño.
Para informar ás familias, realizamos en colaboración este díptico a toda cor!
quarta-feira, 27 de março de 2013
Ollos de Aula
Aquí vos deixamos o novo número da revista de Ollos de Aula.
Desta volta con ideas de libros e consellos moi interesantes.
Desta volta con ideas de libros e consellos moi interesantes.
quinta-feira, 21 de fevereiro de 2013
DÍA DE ROSALÍA
Aquí podedes ver unha presentación Prezi sobre a vida e obra de Rosalía de Castro. Está pensada para alumnado de primaria.
quarta-feira, 19 de dezembro de 2012
OLLOS DE AULA Nº 3
Xa temos un novo exemplar da revista Ollos de Aula. Aquí deixamos o exemplar para que lle botedes un "ollo".
CALENDARIO ADHESIVO
Outro ano máis celebramos un concurso entre o alumnado dos centros pertencentea á coordinadora. Con algúns dos traballos realizados, elaborouse o seguinte calendario adhesivo que se repartiu entre o alumnado. Tamén se fixeros calendarios de aula de maior tamaño.
segunda-feira, 19 de novembro de 2012
Ollos de Aula
Logo de que cada centro difundira o primeiro exemplar segundo as súas posibilidades (vía papel para as familias, repartíndoas no contorno, nos centros...) achegamos o segundo número da revista Ollos de Aula para compartir con vós.
quarta-feira, 6 de junho de 2012
KARAOKE " A RIANXEIRA"
Fíxose un karaoke sobre a popular canción "A rianxeira" para traballar a cultura popular dun xeito lúdico.
POUSAVASOS
Desde a coordinadora impulsamos un concurso para elaborar uns pousavasos, de cara á súa distribución polos locais de hostalaría do Barbanza. Elexíronse dous deseños (reverso e anverso: Manuel Ramos (CEIP O Grupo de Ribeira) e Claudia Rodríguez (IES Félix Muriel de Rianxo). Contactamos con Arousa Norte, que se encargou de sufragar a edición e da distribución aos concellos, para chegaren posteriormente aos locais de hostalaría. Aquí podedes ver as dúas caras do pousavasos.
sábado, 12 de maio de 2012
ACTIVIDADE LIM "AGUACATES RECHEOS"
Actividades sobre unha receita. Pasos a seguir, materiais... e moito máis.
ACTIVIDADE LIM "ECONOMÍA, COMERCIO E CONSUMO"
No mundo globalizado que hoxe coñecemos, o comercio e o consumo teñen unha importancia vital na economía. Nesta actividade podemos coñecer algo máis, da man de Nela Abella.
ACTIVIDADE LIM "PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS"
Vamos a coñecer nesta actividade a flora e fauna do único parque nacional galego. Grazas, Nela Abella.
ACTIVIDADE LIM "A FLORA DO PARQUE DE CORRUBEDO"
Nela Abella adéntranos no parque natural de Corrubedo a través da súa flora. Zonas húmidas, zonas areosas, cantís, especies invasoras...
ACTIVIDADE LIM "A BIODIVERSIDADE"
Outra estupenda actividade elaborada por Nela Abella, neste caso sobre a biodiversidade.
ACTIVIDADE LIM "AS FONTES DE ENERXÍA"
Distintas clases de fontes de enerxía, os seus usos e... a necesidade de aforrar enerxía. Completísima actividade feita por Nela Abella.
Subscrever:
Mensagens (Atom)


