domingo, 30 de novembro de 2008

Presentámonos.


Somos a Coordinadora de Equipos de Normalización de Dinamización Lingüística do Barbanza. (CENDLB) constituída en novembro do 2007 e formada polos Equipos de Normalización de centros de ensino público de Educación Infantil, Primaria e Secundaria dos concellos de Rianxo, Boiro, Pobra e Ribeira. A Coordinadora supuxo para nós a posibilidade de traballar conxuntamente na defensa da nosa lingua, coordinando actividades na nosa comarca e compartindo esforzos e recursos.
Este é o noso blogue, o noso Paraugas da Lingua, un espazo no que facer visíbel o noso traballo, as novas sobre a lingua, os recursos para empregar nos nosos centros e as iniciativas a prol do galego na nosa comarca. Queremos tamén que sexa un espazo aberto á participación de todas as persoas interesadas na defensa da normalización e dinamización da nosa lingua.