quinta-feira, 12 de fevereiro de 2009

Rir por non chorar.


Recomendación de lecturas para este Nadal.



A nosa coordinadora fixo unha selección de lecturas dando cobertura a tódalas etapas educativas de autoras e autores da nosa comarca.

Este curso constituímonos en Asociación.

O 19 de novembro do 2008 a Coordinadora acordou constituirse como Asociación Lingüístico Cultural dotada polo tanto de estatutos, entidade xurídica e representación legal. Pretendemos deste xeito pasar a ter unha estrutura que nos permita ser máis operativos e rendibilizar mellor o noso traballo. Os nosos fins son a defensa e promoción da lingua galega e a promoción, fomento e organización de actividades que teñan como obxectivo primordial a promoción e defensa da lingua galega.

Centros que constitúen a Asociación:

IES Félix Muriel-Rianxo, CEIP A.D.R. Castelao-Rianxo, CEP Xosé María Brea Segade-Taragoña-Rianxo, CEIP Ana María Diéguez- Asados-Rianxo, CRA de Rianxo,IES A Pobra- A Pobra do Caramiñal, CEP Pilar Maestu-Cadreche-A Pobra do Caramiñal, CEP Salustiano Rey Eiras-Pobra do Caramiñal, EEI da Angustia-Campo da Angustia-Posmarcos- A Pobra do Caramiñal, IES Coroso-Ribeira,IES Nº1-Ribeira, IES Leliadoura-Ribeira, CEIP O Grupo-Ribeira, CEIP de Artes-Ribeira, CEIP de Frións-Ribeira, CPR Galaxia, CEIP Aguiño-Ribeira, CEP Carreira-Ribeira, CEIP Olveira-Ribeira.

Xunta Directiva da Asociación:

Presidente: Miguel Louzao Outeiro (IES Coroso-Ribeira)

Vicepresidenta:Valentina Formoso Gosende (IES Félix Muriel- Rianxo)

Secretaria: Estrella Fernández Teira (CEP Pilar Maestu-Cadreche-A Pobra)

Vicesecretario: Luís Teira Parada (CEIP O Grupo-Ribeira)

Tesoureira: Nieves Gómez Figueira (CEIP A.D.R. Castelao-Rianxo)

Vicetesoureira: Lorena Pita Fraga (CRA de Rianxo)


As cousas feitas no curso 2007-2008: Correlingua e Premios Borrasca-Anticiclón.






PREMIO ANTICICLÓN: TELESALNÉS

No presente curso escolar, como xa saberán, puxemos en funcionamento a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza (CENDLB), da que forman parte por máis de vinte Equipos de Normalización e Dinamización de centros de ensino (infantil, primario e secundario) das localidades costeiras do norte da Ría de Arousa (Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira).

Como ben indica o nome, o noso obxectivo é pular pola normalización lingüística da lingua galega, ou o que é o mesmo, facer que a nosa lingua sexa tamén desde os centros educativos unha lingua normal, que poida utilizarse en todos os contextos coma calquera outra lingua do mundo, non só como a lingua que nos identifica senón como lingua que nos fai singulares no mundo globalizado no que vivimos e no que aspiramos a achegar o noso maior legado colectivo desde unha perspectiva plurilingüe e pluricultural.

En consecuencia, concibimos a Coordinadora como unha rede estable que ten como obxectivo coordinar esforzos nas tarefas normalizadoras e dinamizadoras nos centros de ensino da comarca, polo que xa levamos durante todo este curso a intercambiar e compartir as experiencias dos ENDL dos nosos centros para que todo o mundo poida implementar o seu labor e partillar ferramentas sen duplicarmos as mesmas tarefas.

Mais tamén queremos que o noso labor teña unha repercusión a nivel social polo que temos varias iniciativas orientadas a concienciar a sociedade da comarca da necesidade de valorarmos e potenciarmos a nosa lingua, nun momento onde constatamos que se está a producir unha acelerada redución do uso da lingua galega na sociedade, nomeadamente entre os máis novos. Unha destas iniciativas foi a carreira lúdica Correlingua que se celebrou o pasado sete de maio onde participaron con grande éxito mil quiñentos escolares.

Outra, non menos importante, é a que xustifica esta carta. Decidimos crear un premio simbólico de recoñecemento a persoas, entidades, empresas etc, da comarca, que fagan un uso público da lingua galega con normalidade (denominado Anticiclón), como así o fai a maioría dos falantes do Barbanza. E outro premio simbólico no sentido contrario (que chamamos Borrasca), de apoio e petición de melloras nos usos lingüísticos para o futuro inmediato.
Por este motivo, dirixímonos a vostedes para comunicarlles que a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización do Barbanza, tivo a ben concerlles o PREMIO ANTICICLÓN, polo seu uso cotiá e normal do galego nas súas emisións. Este uso lingüístico fainos merecedores dos nosos parabéns e dos nosos mellores desexos de éxitos futuros, tal como o está a ser no presente. Saiban que a súa fidelidade lingüística ten moita importancia para a nosa lingua. Por iso, cóntennos entre os seus televidentes habituais e os seus publicistas máis entusiastas.

PREMIO BORRASCA: LA VOZ DE GALICIA

o presente curso escolar, como xa saberán, puxemos en funcionamento a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza (CENDLB), da que forman parte por máis de vinte Equipos de Normalización e Dinamización de centros de ensino (infantil, primario e secundario) das localidades costeiras do norte da Ría de Arousa (Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira).

Como ben indica o nome, o noso obxectivo é pular pola normalización lingüística da lingua galega, ou o que é o mesmo, facer que a nosa lingua sexa tamén desde os centros educativos unha lingua normal, que poida utilizarse en todos os contextos coma calquera outra lingua do mundo, non só como a lingua que nos identifica senón como lingua que nos fai singulares no mundo globalizado no que vivimos e no que aspiramos a achegar o noso maior legado colectivo desde unha perspectiva plurilingüe e pluricultural.

En consecuencia, concibimos a Coordinadora como unha rede estable que ten como obxectivo coordinar esforzos nas tarefas normalizadoras e dinamizadoras nos centros de ensino da comarca, polo que xa levamos durante todo este curso a intercambiar e compartir as experiencias dos ENDL dos nosos centros para que todo o mundo poida implementar o seu labor e partillar ferramentas sen duplicarmos as mesmas tarefas.

Mais tamén queremos que o noso labor teña unha repercusión a nivel social polo que temos varias iniciativas orientadas a concienciar a sociedade da comarca da necesidade de valorarmos e potenciarmos a nosa lingua, nun momento onde constatamos que se está a producir unha acelerada redución do uso da lingua galega na sociedade, nomeadamente entre os máis novos. Unha destas iniciativas foi a carreira lúdica Correlingua que se celebrou o pasado sete de maio onde participaron con grande éxito mil quiñentos escolares.

Outra, non menos importante, é a que xustifica esta carta. Decidimos crear un premio simbólico de recoñecemento a persoas, entidades, empresas etc, da comarca, que fagan un uso público da lingua galega con normalidade (denominado Anticiclón), como así o fai a maioría dos falantes do Barbanza. E outro premio simbólico no sentido contrario (que chamamos Borrasca), de apoio e petición de melloras nos usos lingüísticos para o futuro inmediato.

Por este motivo, dirixímonos a vostedes para comunicarlles que a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización do Barbanza, concédelles o PREMIO BORRASCA. Sabemos que o seu medio de comunicación publica un moi interesante suplemento cultural (Barbantia), que elabora o citado colectivo cultural, polo que lles damos os nosos parabéns. Mais tamén, como medio máis lido da comarca, queremos facerlles chegar os nosos ánimos para que no futuro poidamos ler na nosa lingua as declaracións que moitos galegofalantes da nosa comarca lles fan sen que as traduzan ao castelán, ou que empreguen a nosa lingua máis que nas páxinas de cultura, ou en noticias menores. Como lectores habituais seus gustaríanos poder ler máis páxinas do seu xornal en galego, aínda que sabemos a liberdade que teñen para facelo como quixeren, saiban que a sociedade actual demanda máis respecto para os seus dereitos lingüísticos.

Así mesmo, tamén foron unanimemente nomeados para este Premio Borrasca pola cobertura informativa que fixeron do Correlingua, pois consideramos que non é habitual que haxa unha carreira lúdica, imaxinativa e exitosa a prol da lingua de todos, que convoque a mil quiñentos rapaces na comarca e que teña unha acollida tan parcial e escasa como tivo no seu medio.

Agardamos que no futuro esta situación lingüística mellore e poidan obter o Premio Anticiclón. O nosos mellores desexos normalizadores.