domingo, 28 de novembro de 2010

PEPE ROMERO, TORRES QUEIRUGA E COORDIANDORA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN DO BARBANZA RECIBEN O PREMIO BARBANTIA 2010


O gaiteiro Pepe Romero, o teólogo Andrés Torres Queiruga e os Equipos de Normalización Lingüística foron elixidos polos socios de Barbantia para recibir os Sirenos de Bronce 2010 que entrega a Asociación Cultural Barbantia.
Pepe Romero conseguiu a distinción correspondente á traxectoria cultural no Barbanza, na que foron finalistas Manuel Mariño, Paola García e Xoán Mariño.
Torres Queiruga leva o sireno da cultura galega, superando a Eva Veiga, Soledad Penalta e Xosé Ramón Barreiro.
A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística faise co galardón á iniciativa cultural, por diante do Liceo de Noia, a Casa da Gramática e o Ateneo Valle-Inclán.

Fonte: A Voz.

segunda-feira, 22 de novembro de 2010

A COORDINADORA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN RECIBE O PREMIO ALTOFALANTE EN RIBEIRA.


Nun acto no que non faltaron as gaitas de Algharabía nin as pandeiretas de Lumieira, a entidade Altofalante de Ribeira entregou o sábado, no conservatorio ribeirense, o premio instituído no 2006, co que se recoñece o traballo de quen difunden a lingua galega e a súa cultura. Nesta ocasión o distintivo recibiuno a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística, á quen o presidente de Altofalante, Xosé Antonio Vázquez Cobas, animou a manter o labor desempeñado ata agora.
Vázquez Cobas, quen asegurou que o galego impregna a sociedade dun xeito transversal, con independencia de clases sociais e ideoloxías políticas, subliñou que o distintivo á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística era un xeito de darlle ánimos «xa que na súa andaina recibiu todo tipo de descalificacións».
Precisamente, este colectivo, do que agora forman parte 600 mestres de toda a comunidade, tivo a súa orixe no municipio de Ribeira. Entre os mestres que contribuíron ao seu nacemento atópanse Miguel Louzao, secretario da coordinadora que, naquel momento, impartía clases en Ribeira. Do presidente de Altofalante recibiu o premio. Sen embargo, o diploma quixo entregarllo outro docente, Luís Teira, que tamén tivo unha implicación decidida neses primeiros anos de vida do colectivo.
Voluntarios
Na súa intervención, Miguel Louzao dixo que o Altofalante era o primeiro galardón que recibía a coordinadora e non ocultou que lle causou sorpresa.
Ao mesmo tempo, comentou que as persoas que pertencen a neste colectivo traballan de forma voluntaria, no seu tempo libre, porque aman o galego. Tamén indicou que a coordinadora xurdiu por un grupo de xente que consideraba que era preciso dinamizar o ensino no galego. Nese sentido, precisou que nos seus inicios o colectivo estaba integrado por trinta persoas e que pouco a pouco foise sumando xente de toda Galicia.
Na entrega do premio estiveron presentes, entre outros, a voceira do BNG, Dominga Brión, e a concelleira e deputada provincial Rosana Pérez
A nova na Voz de Galicia.

sexta-feira, 12 de novembro de 2010

AUTOCOLANES PARA AGASALLAR NESTE NADAL: NON CALES A BOCA E O APALPADOR.


(Deseño a partir da obra de Leandro Lamas)


Os deseños foron feitos e elexidos pola Coordinadora dos Equipos de Normalización do Barbanza e serán repartidos nos colexios polo Nadal.

PARABÉNS Á COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.


Coordinadora Galega de Equipos de Normalización.
Premio Altofalante 2010 á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.
Ribeira, polo San Martiño de 2010. O presidente da asociación cultural ribeirense Altofalante, Xosé Antonio Vázquez Cobas, informa da decisión tomada este ano para conceder o premio Altofalante 2010. Como é costume en Certo, reproducimos íntegra a acta do xurado:

A Xunta Directiva da Asociación Cultural Altofalante, celebrada o sábado 2 de outubro de 2010, entre outros asuntos, por unanimidade acordou:

Conceder o premio Altofalante do Ano 2010, á Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística (CGEDNL)

Esta entidade agrupa a profesorado e Equipos de Normalización Lingüística que desenvolven a súa actividade no seo dos centros de ensino do país, de cara a que o alumnado saia da escolarización obrigatoria sendo competente na nosa lingua.

A Xunta directiva destacou como méritos á hora de conceder o premio, os seguintes:

•Ser quen de xuntar a unha parte moi importante das comunidades educativas de Galicia de cara a coordinarse e actuar conxuntamente no ámbito da normalización lingüística nos centros.
•Participar activamente -dando argumentos pedagóxicos e lingüísticos- da necesidade de que o noso idioma teña maior presenza no sistema educativo.
•A capacidade para integrar no seo da organización a profesionais do ensino público, privado e privado-concertado e de todos os niveis educativos.
•Organizar campañas de sensibilización e dinamización da nosa lingua como poden ser “Orgullosos no noso. Orgullosos do Galego” que foron un grande éxito de proxección pública.