quarta-feira, 19 de dezembro de 2012
OLLOS DE AULA Nº 3
Xa temos un novo exemplar da revista Ollos de Aula. Aquí deixamos o exemplar para que lle botedes un "ollo".
CALENDARIO ADHESIVO
Outro ano máis celebramos un concurso entre o alumnado dos centros pertencentea á coordinadora. Con algúns dos traballos realizados, elaborouse o seguinte calendario adhesivo que se repartiu entre o alumnado. Tamén se fixeros calendarios de aula de maior tamaño.
segunda-feira, 19 de novembro de 2012
Ollos de Aula
Logo de que cada centro difundira o primeiro exemplar segundo as súas posibilidades (vía papel para as familias, repartíndoas no contorno, nos centros...) achegamos o segundo número da revista Ollos de Aula para compartir con vós.
quarta-feira, 6 de junho de 2012
KARAOKE " A RIANXEIRA"
Fíxose un karaoke sobre a popular canción "A rianxeira" para traballar a cultura popular dun xeito lúdico.
POUSAVASOS
Desde a coordinadora impulsamos un concurso para elaborar uns pousavasos, de cara á súa distribución polos locais de hostalaría do Barbanza. Elexíronse dous deseños (reverso e anverso: Manuel Ramos (CEIP O Grupo de Ribeira) e Claudia Rodríguez (IES Félix Muriel de Rianxo). Contactamos con Arousa Norte, que se encargou de sufragar a edición e da distribución aos concellos, para chegaren posteriormente aos locais de hostalaría. Aquí podedes ver as dúas caras do pousavasos.

sábado, 12 de maio de 2012
ACTIVIDADE LIM "AGUACATES RECHEOS"
Actividades sobre unha receita. Pasos a seguir, materiais... e moito máis.
ACTIVIDADE LIM "ECONOMÍA, COMERCIO E CONSUMO"
No mundo globalizado que hoxe coñecemos, o comercio e o consumo teñen unha importancia vital na economía. Nesta actividade podemos coñecer algo máis, da man de Nela Abella.
ACTIVIDADE LIM "PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS"
Vamos a coñecer nesta actividade a flora e fauna do único parque nacional galego. Grazas, Nela Abella.
ACTIVIDADE LIM "A FLORA DO PARQUE DE CORRUBEDO"
Nela Abella adéntranos no parque natural de Corrubedo a través da súa flora. Zonas húmidas, zonas areosas, cantís, especies invasoras...
ACTIVIDADE LIM "A BIODIVERSIDADE"
Outra estupenda actividade elaborada por Nela Abella, neste caso sobre a biodiversidade.
ACTIVIDADE LIM "AS FONTES DE ENERXÍA"
Distintas clases de fontes de enerxía, os seus usos e... a necesidade de aforrar enerxía. Completísima actividade feita por Nela Abella.
ACTIVIDADE LIM "ARQUITECTURA PREHISTÓRICA EN GALIZA"
Nela Abella adéntranos nos megálitos, petróglifos e castros, axúdanos a comprender a nosa historia.
ACTIVIDADE LIM "GALEGAS E MARÍAS"
Nela Abella, autora desta actividade, adéntranos na historia de Galiza tomando como fío condutor a vida de varias galegas, cun nexo común, o seu nome: María.
ACTIVIDADE LIM "CLARA CAMPOAMOR"
Estupenda e completa actividade LIM feita pola compañeira Nela Abella (CEIP Aguiño).
terça-feira, 17 de abril de 2012
COMPRENSIÓN LECTORA 3º CICLO
A partires da información sacada polo alumnado da galipedia sobre animais mariños, elaboráronse estas actividades de comprensión.
ACTIVIDADES DE COMPRENSIÓN LECTORA
A partires de información sobre animais mariños buscada polo alumnado do segundo ciclo na galipedia, elaborouse esta actividade.
segunda-feira, 16 de abril de 2012
ACTIVIDADE LIM "A CASA QUE FIXO XAN"
Actividade sobre o conto sumativo do mesmo título, sacado da web orellapendella.org
sexta-feira, 27 de janeiro de 2012
ADHESIVO DA CANDELORIA
Desde a Coordinadora elaborouse este adhesivo para distribuír polo Día da Candeloria.

quinta-feira, 19 de janeiro de 2012
KARAOKE "GALICIA"
Karaoke da canción de Os Carunchos, sobre o fermoso poema do escritor Manuel María
KARAOKE "O PIRIMPIMPÍN"
Karaoke sobre a canción de Malvela, moi coñecida por formar parte da banda sonora dunha prestixiosa serie da TVG
Subscrever:
Mensagens (Atom)