Somos a Coordinadora de Equipos de Normalización de Dinamización Lingüística do Barbanza. (CENDLB) constituída en novembro do 2007 e formada polos Equipos de Normalización de centros de ensino público de Educación Infantil, Primaria e Secundaria dos concellos de Rianxo, Boiro, Pobra e Ribeira. A Coordinadora supuxo para nós a posibilidade de traballar conxuntamente na defensa da nosa lingua, coordinando actividades na nosa comarca e compartindo esforzos e recursos.
Este é o noso blogue, o noso Paraugas da Lingua, un espazo no que facer visíbel o noso traballo, as novas sobre a lingua, os recursos para empregar nos nosos centros e as iniciativas a prol do galego na nosa comarca. Queremos tamén que sexa un espazo aberto á participación de todas as persoas interesadas na defensa da normalización e dinamización da nosa lingua.
Rianxo: IES Félix Muriel, CEIP A.D.R. Castelao, CEP Brea segade-Taragoña, CEIP Ana María Diéguez- Asados-Rianxo,CRA de Rianxo . A Pobra: IES A Pobra, CEP Pilar Maestu-Cadreche,CEP Salustiano Rey Eiras, EEI da Angustia-Campo da Angustia-Posmarcos. Ribeira:IES Coroso-Ribeira,IES Nº1,IES Leliadoura,CEIP de Artes,CEIP de Frións,CEIP Aguiño,CEIP O Grupo,CEP Carreira,CEIP Olveira,CPR Galaxia.
Sem comentários:
Enviar um comentário