A causa do galego, canción para cantar todos os días
A histórica, por masiva e plural, manifestación en defensa dos dereitos consensuados para a lingua galega deste 18 de outubro en Santiago de Compostela, está a xerar tamén multitude de documentos na rede, como recolle Vieiros, por exemplo, ademais das fotogalerías dos distintos xornais. Precisamente, Blogues pola lingua fixo un chamamento para compartir material gráfico na web 2.0 Entre todas esas mostras do apoio social a unha política lingüística non devastadora, escollemos aquí dúas, ambas esteadas na voz erguida de Manuel María.
Somos a Coordinadora de Equipos de Normalización de Dinamización Lingüística do Barbanza. (CENDLB) constituída en novembro do 2007 e formada polos Equipos de Normalización de centros de ensino público de Educación Infantil, Primaria e Secundaria dos concellos de Rianxo, Boiro, Pobra e Ribeira. A Coordinadora supuxo para nós a posibilidade de traballar conxuntamente na defensa da nosa lingua, coordinando actividades na nosa comarca e compartindo esforzos e recursos.
Este é o noso blogue, o noso Paraugas da Lingua, un espazo no que facer visíbel o noso traballo, as novas sobre a lingua, os recursos para empregar nos nosos centros e as iniciativas a prol do galego na nosa comarca. Queremos tamén que sexa un espazo aberto á participación de todas as persoas interesadas na defensa da normalización e dinamización da nosa lingua.
Rianxo: IES Félix Muriel, CEIP A.D.R. Castelao, CEP Brea segade-Taragoña, CEIP Ana María Diéguez- Asados-Rianxo,CRA de Rianxo . A Pobra: IES A Pobra, CEP Pilar Maestu-Cadreche,CEP Salustiano Rey Eiras, EEI da Angustia-Campo da Angustia-Posmarcos. Ribeira:IES Coroso-Ribeira,IES Nº1,IES Leliadoura,CEIP de Artes,CEIP de Frións,CEIP Aguiño,CEIP O Grupo,CEP Carreira,CEIP Olveira,CPR Galaxia.
Sem comentários:
Enviar um comentário