domingo, 31 de maio de 2009
A Coordenadora de ENDL pide a Feijóo que cumpra o Plano de Normalización Lingüística.
A Coordenadora de ENDL pide a Feijóo que cumpra o Plano de Normalización Lingüística.
A plataforma lembra que aínda non recibiron resposta ás solicitudes de entrevista co presidente da Xunta, o conselleiro de Educación e o secretario xeral de Política Lingüística.
A Coordenadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) cualificou hoxe de "preocupantes" os pasos dado polo Goberno galego en relación ao marco legal da lingua galega e reclamou ao presidente Alberto Núñez Feijóo que manteña os compromisos recollido no Plan xeral de Normalización Lingüística de Galiza, "que foi resultado do traballo de centos de persoas, institucións e organizacións e non un simple remuíño de ideas".
Na reunión do consello zonal mantida onte en Santiago de Compostela, representantes de equipos de normalización de todas as comarcas e do ensino púbica e privada recordaron aos responsábeis autonómicos -desde Feijóo ao conselleiro de Educación, e ao secretario xeral de Política Lingüística- que aínda non recibiran resposta ás solicitudes de entrevista.
Neste sentido, sinalan que seguen esperando pese a que "dende o seu nomeamento fixeron un chamamento ao diálogo con todos os sectores implicados non sistema educativo galego co fin de analizar a presenza da lingua galega no ensino". "O consenso constrúese co diálogo", apostillan.
Finalmente, a coordinadora valorou a adhesión de máis de 500 equipos de centros educativos ao manifesto en defensa do decreto do galego na educación que a Xunta vai a derrogar e que a coordenadora considera "unha contribución moi valiosa ao obxectivo recollido na lexislación vixente: dotar ao alumnado galego de competencia nas linguas oficiais".
Vía: GZnacion.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário