quarta-feira, 13 de maio de 2009
Matrícula de Honra para o Correlingua 2009 na Barbanza.
Máis de dous mil alumnos dos centros de ensino da Barbanza participaron no Correlingua 2009 reivindicando o uso do galego na sociedade.
O Correlingua 2009 chegou a Barbanza baixo o lema “En Galego! Pásao!” coreado por máis dous mil cincocentos alumnos de vinte e seis centros de ensino da comarca, dende o alumnos de Educación Infantil ata Educación Secundaria.
O concello de A Pobra acolleu esta carreira en defensa do idioma galego tomando a testemuña do municipio de Ribeira, que o pasado ano estreou esta iniciativa na bisbarra. Con este acto público lúdico-educativo reivindícase o dereito dos rapaces a coñecer e utilizar o idioma galego.
Acompañados dos seus mestres, os cativos concentráronse na praza Durán Casais, onde un grupo deles deu lectura a un manifesto a través do que demandaron a implicación de toda a sociedade, e concretamente das xeracións máis novas, para manter vivo o uso do galego en todos os eidos. Por iso, dende a Coordinadora dos Equipos de Normalización e Dinaminación Lingüística dos centros de ensino insta ao goberno autonómico a que siga velando pola normalización e promoción do galego na ensinanza.
As actuacións do capitán Benito Souto e a súa grumeta Quilla, a do grupo musical Fantoches Baj e as cancións do cantautor Hugo Torreiro puxeron o punto e final a esta peculiar festa da lingua galega.
Vía: http://www.canalriasbaixas.com/content/view/6578/68/
Eco nos medios:
http://www.lavozdegalicia.com/barbanza/2009/05/09/0003_7705199.htm
http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2009/05/13/0003_7713104.htm
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário