A Confederación Galega de Asociacións de Pais de Centros Públicos, Confapa, considera “lamentábel” a decisión do novo Goberno galego de derrogar o decreto 124/07 do galego no ensino. “Queremos que ensinen as dúas linguas aos nosos fillos para que cando sexan maiores podan decidir cal delas usan”, afirmou o presidente desta entidade, Virxilio Gantes.
A Confapa representa a maioría dos pais e nais de alumnos en Galiza e ocupa os dous postos do ensino público que lle corresponden aos pais na Mesa Sectorial de Educación. Cómpre ter en conta que dos 1.692 centros que existen no país, 1.325 son de titularidade pública e só 367 privados.
A falta de definición do modelo de ensino respecto ao idioma preocupa na Confapa; tamén é motivo de inquietude a posibilidade de que recaia sobre os pais a responsabilidade de decidir a lingua vehicular na educación. “Iso é un disparate porque non hai aulas nin profesores para que haxa dúas liñas en cada centro, unha en castelán e outra en galego”, sinala Virxilio Gantes, que reclama unha presenza paritaria das dúas linguas, como estabelece o decreto que agora o Goberno pretende derrogar. “Que eu saiba, galego e castelán son idiomas oficiais en Galiza e deben ter o mesmo tratamento; senón, que reformen o Estatuto”, reclamou Gantes.
A Confapa anunciou que lle solicitará ao novo conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad, celebrar unha reunión para coñecer as posturas da Administración e para que o titular do departamento reciba información da posición que mantén a principal organización que representa os pais de alumnos.
Por outra banda, aínda que o presidente Alberte Núñez Feixóo anunciou que procederán a permitir que os pais elixan o idioma no ensino sempre e cando haxa dispoñibilidade de medios, o novo conselleiro de Educación avanzou que estudarán con atención as posibilidades que hai. Vázquez Abad tamén amosou preferencia pola solución que propugna Feixóo, pero debe cumprir unha serie de prazos para derrogar o decreto e substituílo por outro novo. Este proceso inclúe a redacción do novo texto, a análise tanto por parte do Consello Consultivo como pola banda da Mesa do Ensino e finalmente a aprobación do Consello da Xunta. Neste sentido, os tempos que debe manexar a Consellaría dificultan a instauración do novo modelo no vindeiro curso académico

Vía: A nosa terra.
Sem comentários:
Enviar um comentário